Tuesday 07 de May de 2024

A Xunta destina máis de 1,2 millóns de euros a fomentar a promoción da igualdade nos concellos da provincia da Coruña


A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella e a Secretaria Territorial da Coruña, Patricia Rodríguez, expuxeron a resolución das axudas para programas de apoio aos CIM, para programas de fomento da conciliación e para a prevención e tratamento da violencia de xénero

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, acompañada pola Secretaria Territorial da Coruña, Patricia Rodríguez, presentou o resultado da resolución das axudas a entidades locais que a Xunta de Galicia destinará este ano 2018 para fomentar e promocionar a igualdade. En toda Galicia esta cifra ascende a 3,7 millóns dos cales máis de 1,2 millóns se destinarán aos concellos da provincia da Coruña.

Como explicou Susana López Abella este tipo de axudas se reparten en tres liñas de actuación: o apoio aos Centros de Información á Muller (CIM), fomento da conciliación prevención e tratamento integral da violencia de xénero.

A liña de axudas para o programa de apoio aos Centro de Información á Muller (CIM) ten como obxectivo apoiar e garantir a funcionalidade destes centros e consolidar os postos e o perfil profesional das que persoas que traballan neles. Este programa recibe a maior contía xa que na provincia da Coruña apoiase a labor de 29 CIMs, que recibirán un millón de euros. Na comarca de Carballo-Costa da Morte os CIMs atópanse en Carballo, Cee, Laracha, Muxía e Zas e reciben unha axuda de case 197.800 euros.

A segunda liña de axudas, destinada ao fomento da vida persoal, laboral e familiar engloba as medidas que os concellos adopten coa finalidade de facilitar a conciliación das persoas traballadoras. En concreto, na provincia son beneficiarios 15 concellos que recibirán 142.000 euros. Ao respecto deste tipo de programa, a secretaria xeral adiantou que esta liña se vai a incrementar dada a elevada demanda rexistrada este ano por parte dos concellos. Así, está previsto aumentar o seu orzamento en case 255.000 euros para chegar a 31 municipios máis.

Por último, o programa destinado á prevención e tratamento integral da violencia de xénero, inclúe accións de intervencións de carácter integral coas mulleres que sofren este tipo de violencia, os seus fillos e fillas e coas persoas dependentes das vítimas. Ademais contempla actuacións dirixidas á loita contra a explotación sexual e a prostitución. Nesta liña de axudas a provincia de A Coruña recibirá 67.000 euros. Na comarca Costa da Morte-Carballo disporá de axudas Cabana de Bergantiños e Laracha de 22.700 euros para este concepto.